VI Certame de Poesía Xosé A. Barral

Xa temos gañadora do certame! E repetimos no centro unha vez máis...
Marta Díaz de 4º ESO co seu poema "Canto Tempo Pasou". Parabéns!  

Nesta edición o premio da categoría de Bacharelato declarouse deserto por unanimidade do xurado.

A orquestra do noso instituto, da que Marta forma parte, xa lle está a poñer música... poderedes escoitala o 14 de xuño no festival "Música nas túas palabras" ou nesta mesma páxina. 



Podedes ver tamén a noticia en todogrove.


Canto tempo pasou
dende aquela tarde soleada
na que os paxaros cantaban
e a tenrura convertíase en palabras?

Canto tempo pasou
dende aquela tarde soleada
na que o tempo parecía deterse
mentres as miradas se cruzaban?

Aínda hoxe, os recordos regresan,
invadindo a miña cabeza,
e outra vez volvo escoitar
as melodías xunto coas promesas,
nas que ámbolos dous confiaban.

Mais as cousas cambiaban
e con elas as esperanzas.
El quedou en terra,
i ela foise a Alemaña,
chorando as bágoas que tiña gardadas.

Canto tempo pasou
dende aquela tarde soleada?
Non o sei, pero non o suficiente
para que sexa olvidada.

Lirio

No hay comentarios:

Publicar un comentario