PROI


        OLA!          
Somos o grupo de 1º A do 
I.E.S. Plurilingüe As Bizocas.
O noso traballo no primeiro trimestre vai
 sobre o mar, os libros e a arte.
Esperamos que vos gusten os traballos
que vaiamos colgando nesta páxina. :)



1) SURCAMOS A BIBLIOTECA

Buscamos por todos os andeis da nosa biblioteca obras literarias en calquera idioma e xénero que tiveran algunha relación co mar... e vaia se atopamos: illas, piratas, náufragos, galeóns, baleas e sobre todo, moitas aventuras e misterios.
Aquí vos amosamos algúns exemplos. Animádevos a navegar polas súas páxinas...

No noso caderno de "bitácora" anotamos algunhas frases ou citas que mais nos gustaron xunto cos datos do libro. 
2) ARTE POLA REDE 
Tirando proveito da nosa aula Abalar buscamos na rede algunhas das pinturas máis famosas que teñen o mar coma protagonista... Sorolla, Dalí, Monet, Thomas Moran son algúns dos artistas, mais outros moito menos coñecidos tamén captaron a nosa atención.
...
De novo anotamos os datos sobre a obra, alomenos os que puidemos atopar.
 3) CREAMOS OS NOSOS MARCAPÁXINAS
Coas imaxes gardadas, as citas, o ordenador e a nosa creatividade fixemos un collage convertido en marcapáxinas...
Recolle o teu na biblio antes de que se acaben!!
Na 2ª avaliación 
o mar segue sendo o protagonista, 
mais desta vez centrámonos 
nas súas enfermidades... e o certo é que a maioría son provocadas por nós, os humanos.
1) RECOLLEMOS INFORMACIÓN
Cada grupo escolle unha das "enfermidades" do mar. Nos ultraportátiles abalar creamos unha conta de correo para o grupo para empregar a plataforma "GoogleDocs" na que imos recopilando toda a información atopada. A súa vez compartimos o documento coa conta da profesora, para que poida facer comentarios no traballo. 
Aquí temos un exemplo:
2) DÁMOSLLE FORMA
A medida que imos buscando imaxes, cifras, noticias... tamén imos formateando o texto seguindo as instruccións indicadas: tipo de letra e tamaño segundo as diferentes  partes do texto (títulos, información máis importante, cifras...), xustificación do texto, tamaño das imaxes, etc.
3) COLLAGE
Co traballo xa impreso, creamos o póster do noso grupo. Para rematar montamos a exposición na entrada do centro. 
Aquí temos o resultado:


E aquí temos o traballo final:

No hay comentarios:

Publicar un comentario