Kiko Da Silva

O pasado 20 de xuño estivo polo centro o ilustrador e autor de banda deseñada Kiko Da Silva, que vén de inaugurar en Pontevedra a primeira Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración de Galicia: O Garaxe Hermético.
Falounos da súa traxectoria profesional, da revista Retranca e tamén nos presentou a súa nova obra : Ó outro lado do muro.
Ó final puidemos velo en acción asinando algúns exemplares de Fiz, entre eles o que temos na biblioteca. 

Grazas Kiko!






No hay comentarios:

Publicar un comentario