Día da Biblioteca no Concello

        
www.todogrove.com  Sábado 20 de outubro
Unha exposición bibliográfica, o reparto de agasallos entre os usuarios da rede de bibliotecas e a representación, o venres 26, dun espectáculo de contacontos constitúen as propostas coas que o Concello celebrará a vindeira semana o Día da Biblioteca. 
                                                                 
Co obxectivo de fomentar o “gusto pola lectura” e contribuír a que a rede de bibliotecas do Grove siga ampliando o seu número de usuarios, o Concello celebrará un ano máis con diferentes actividades o Día da Bibliotecas, que se conmemora o vindeiro mércores 24 de outubro, xornada na que todas as persoas que se fagan socias deste servizo municipal recibirán un agasallo.
Ademais, como explicou o Concello nunha nota de prensa, tamén haberá agasallos para todos os usuarios que utilicen o servizo de préstamo nas bibliotecas da Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey e de San Vicente nesta xornada.
Dous días despois, o venres 26, a Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acollerá, ás 17.45 horas, a representación de O recuncho dos contos, un “espectáculo lúdico e educativo” de Pinga Teatro no que se busca “estimular a imaxinación” de nenos e nenas a través de contos, xogos ou cancións.
Por outra banda, neste servizo municipal poderase visitar desde o vindeiro luns 26 a exposición bibliográfica ‘Libros, lecturas e bibliotecas’.

No hay comentarios:

Publicar un comentario