Por segunda vez as alumnas das Bizocas triunfan no Concurso de Relatos convocado polo Concello do Grove. Desta vez a gañadora foi Sara Santaya co seu relato "Un Café Distinto" e Carme Domínguez repite cun recoñecemento especial do xurado coa historia "Noite dos Soños".
Agardamos ter pronto as súas historias na revista Sustansia na biblioteca.
Podedes ver aquí o artigo do Faro de Vigo.
A entrega de premios será este venres 5 de abril ás 17:30 na Biblioteca Municipal.
Na web do concello tedes máis información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario