A súa publicación comezou en outubro de 2012 presentándose deste xeito:
O que tes nas túas mans é o primeiro número de Ollos de aula, unha revista (revistiña) que chegou a ti grazas ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro no que estuda o teu fillo/a e á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Se todo vai ben, recibirala na túa casa unha vez ao mes.
O obxectivo da publicación é achegarvos información variada ao redor da educación e convidarvos a reflexionar sobre aqueles temas que vos poden preocupar como nais e pais. Ao longo das distintas seccións procurarase darlle resposta ás preguntas que nos formuledes, afondar en temas de actualidade, explicar conceptos propios do ensino ou achegarvos suxestións (lectura, música, viaxes…) para poder compartir cos vosos fillos/as, sen esquecer, loxicamente, a nosa lingua e as reflexións sobre a súa aprendizaxe.
Buscaremos sempre que os artigos sexan asinados por profesionais do ensino ou por especialistas na materia que se trate, co obxectivo de que a información sexa rigorosa e se axuste o máximo posible á realidade que se vive nos centros e nas vosas casas.
Somos conscientes da humildade destas oito follas, pero gustaríanos que Ollos de aula fose unha canle de comunicación entre o centro e as familias e poder, así, acompañarvos na difícil tarefa de educar aos vosos fillos/as.
Neste enlace podedes inscribirvos ou lela directamente. Aquí vos deixo o último número:Ollos de aula. Nº 10 by cendl
No hay comentarios:
Publicar un comentario