Samaín e magosto. Adeus verán!


A finais de outubro e a comezos de novembro 
celebramos no centro dúas tradicións moi galegas: 
o samaín e o magosto.
Para ambientar e dar ideas para o concurso de lendas, houbo unha exposición coa historia do Samaín e outras tradicións galegas e como non, unha selección de lecturas de medo. Todo decorado con imaxes feitas polo alumnado coa estética das creacións de Tim Burton.     





O día 8 celebramos o magosto: 
xogos populares e castañas asadas!
Aquí vos deixamos algunhas das fotos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario