Non vos perdades a oportunidade
que vos ofrece a Biblioteca do Grove!!
As concellerías de Documentación, Patrimonio e Novas Tecnoloxías e de Educación colaboran nunha nova ocasión para ofrecer á mocidade un programa atractivo que pretende familiarizar aos participantes co mundo da imaxe, a través da ilustración, a tira cómica ou as caricaturas.
Trátase do programa “As imaxes tamén contan”, que se desenvolverá na Biblioteca Municipal do Grove nos meses de febreiro e marzo e que contará coa participación de recoñecidos profesionais da imaxe. Así, Luis Davila, Mau e Pin –autores de Polo correo do vento">–, Gogue e Pepe Carreiro serán as persoas encargadas de impartir estes talleres. As inscricións xa se poden facer na propia biblioteca ata completar as prazas dispoñibles.
Segue lendo en www.todogrove.com

No hay comentarios:
Publicar un comentario