Semana Cultural nas Bizocas

Na semana anterior ás letras galegas, o alumnado das Bizocas asistiu a variados obradoiros en galego organizados por diferentes departamentos e incentivados polo Equipo de Dinamización. 
Experimentos químicos, fabricación de papel reciclado, creación de maquillaxe e tatuaxes aborixes, sesións de investigación sobre os alimentos transxénicos, xogos e enigmas matemáticos, montaxe e gravación dun programa de radio, robótica, pulseiras, contacontos... 
Todo o traballo e fotos están expostos na entrada do centro e aquí vos deixamos un video resumo feito por Cecilia, coordinadora do EDNL. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario