Volve o club!


Co comezo do curso o club de lectura Mareira reanuda as súas reunións e actividades. Quen queira participar está invitad@ ás xuntanzas cada mércores no recreo na aula de informática do centro. 

A primeira tertulia de tarde terá lugar o próximo xoves, día 9 de outubro, despois do horario de clase
Comentaremos a triloxía Divergente(sen desvelar o final para os que non acabaron de lela) e veremos a película correspondente á primeira entrega, "Divergente".

Para apuntarvos, contactade con calquera membro do club ou coas profesoras responsables da biblioteca. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario