BizocasMeteoEscola

Dentro do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o noso centro leva algúns anos xa co programa MeteoEscola

Que en que consiste?? ...

Coa supervisión do profesorado, o alumnado toma os datos de precipitación, temperaturas máxima e mínima na súa MeteoEscola. Unha vez introducidos na web de MeteoGalicia, os datos permiten obter unha serie de estatísticas como a temperatura máxima media de cada mes, a precipitación acumulada, etc., que servirá logo para a creación dos climogramas correspondentes. Isto tamén permitirá comparar estes datos con outras MeteoEscolas do arredor ou coas estacións meteorolóxicas de MeteoGalicia, así como coas situacións sinópticas máis típicas que lle afectan a Galicia. 

Ademais, o alumnado participante tamén está a recoller fotografías do ceo cada mes, fan comentarios sobre os datos recollidos, analizan a influencia do tempo nas nosas vidas, etc. 

Podedes ver todo isto no blog BIZOCASMETEOESCOLA... premendo nesta imaxe da nosa recén estreada estación meteorolóxica:





No hay comentarios:

Publicar un comentario