Grupo gañador do concurso de Samaín

O 12 de novembro celebramos o magosto no IES e aproveitamos a ocasión para anunciar o grupo-clase gañador do concurso de cartaces convocado por Bibliobizocas e o EDLG. 
Quixemos tamén agradecer a participación dos catro grupos (1ºA, 1ºB, 2ºA e 4ºA) e mencionar as dificultades que atopamos para tomar a decisión xa que todos tiñan algo especial (decoración, texto, viñetas,etc). 

Finalmente, a torta de Samaín foi concedida ao alumnado de 1ºA, creadores dun acróstico en rima que levou o maior número de votos do xurado, formado por membros do Equipo de Biblioteca, Equipo de Dinamización e Club de Lectura.

O resto de participantes foron tamén convidados a un anaco de torta...non dou tempo nin a facerlle unha foto!! 😋🍰 
Parabéns e grazas pola vosa participación! 



No hay comentarios:

Publicar un comentario