O Apalpador visita Bizocas

A Biblioteca Bizocas foi o lugar de encontro o pasado 5 de decembro entre o alumnado de 1º e 2º de ESO e o Apalpador Brais Moure, co que fixemos un percorrido dende os montes e ríos do Caurel ata as profundidades do mar de Ons acompañados dos seres fantásticos das nosas lendas: sereas, xacias, selkies... 
Grazas ao EDLG e o departamento de Bioloxía 
que organizaron este evento.
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario