O vindeiro 22 de abril celébrase o Día Internacional da Terra e queremos compartir convosco algúns títulos sobre medio ambiente e cambio climático que fomos adquirindo para a biblioteca nos últimos tempos.
Ademais destes hai moitos outros títulos que podedes empregar para a vosa tarefa interdisciplinar desta semana:
Ameaza na Antártida, O futuro Roubado e Perigo Vexetal, de Ramón Caride
Xuízo aos humanos, de J.A. Jáuregui
Otra manera de vivir ou 60 años en Gombe, de Jane Goodall.
Félix. Un hombre en la Tierra, de O. Rguez. de la Fuente.
Planeta Vivo, da WWF.
A terra ferida. Que mundo herdarán os nosos fillos? Miguel Delibes e Miguel Delibes de Castro.
365 solucións para reducir a túa pegada de carbono, de Joanna Yarrow.
Esperamos tamén as vosas recomendacións, seguro que nos sorprendedes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario