E despois dunha semana de intriga, pistas ambigüas e hipóteses de todo tipo, xa temos equipo gañador da investigación dos crimes: 3ºB!
Aquí vos deixamos un cadro coas puntuacións dos informes entregados, a solución e algunhas fotos.
Equipo de investigación | Entrega | Puntos |
3ºB – Sherlock Holmes | 1 hora | 8,5 + 1 (entrega) |
1ºA – Irene Adler | 24 horas | 8 |
3ºA – August Dupin | 3 días | 7 |
2ºB – Miss Marple | 2 días e 4 horas | 6 |
2ºA – Hercules Poirot | 4 días | 4 |
Finalmente, Raquel González foi a que lle dou a Hannah Johnson unha infusión de herbas caseira con máis ingredientes dos que indicaba o envoltorio e a arma homicida que acabou coa vida de Pepa Besteiro foi un atlas medioambiental que Raquel tratou de agochar nos andeis de relixión. E todo porque nas súas clases Hannah e Pepa estragaban todo o papel que se podía reutilizar tirándoo polo chan, centos de bolas de papel sen desfacer acababan na papeleira de reciclaxe, etc. Tantas horas de traballo tratando de concienciar sobre a importancia da reciclaxe e o coidado do medioambiente!! Xa está ben!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario