O club de lectura e a biblioteca están a organizar unha semana adicada á novela negra. Na biblioteca poderedes atopar moitas lecturas seleccionadas e tamén haberá un concurso de investigación...
Cada grupo de titoría será un equipo de investigación que representará a un famoso detective literario. Na porta da vosa aula teredes un cartel explicativo do detective que vos toque: Sherlock Holmes, Miss Marple, Fermin Escartín, Leo Caldas, Irene Adler, etc.
A investigación consistirá en estudar as escenas de dous crimes acontecidos na biblioteca e na cafetería do instituto e logo elaborar un informe cos indicios atopados e as vosas hipóteses.
O equipo gañador terá unha suculenta recompensa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario