Día de Rosalía

A biblioteca e o club de lectura volvemos colaborar co EDLG coma o curso pasado para conmemorar o Día de Rosalía repartindo pequenos fragmentos da súa obra entre alumnado e profesorado que tiveron que memorizar para participar no sorteo do recreo do luns 25. 

A gañadora dunha camiseta de Rosalía foi Ania de 1ºB que recitou sen problema os seus versos:

Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite, i es a aurora.

Parabéns!

Exposición Líderes da Paz

Durante o mes de xaneiro o alumnado de 2º ESO na materia de Investigación e Tratamento da Información estiveron a preparar unha exposición sobre mulleres e homes que loitaron pola paz e contra as inxustizas nos seus países e no mundo. 


Amosaron a vida e accións de personalidades xa moi coñecidas coma Ghandhi, Malala, Mandela, Rosa Parks...e outras que non o son tanto pero que foron e son igualmente importantes: Nadia Murad, Denis Mukwege, Amira Hass, Emily Green...





Recollida solidaria


Velaquí o resultado do noso intercambio de libros solidario: case 70 unidades de tabletas de turrón de chocolate e outros cantos libros recollidos que cambiaron de dono.  
Grazas a todos os participantes na actividade e tamén ao alumnado do club de lectura que colaborou desinteresadamente cada recreo no mercado. 



Mercado de Nadal

Un ano máis volvemos colaborar coa Fundación Amigos de Galicia para recoller alimentos para as sobremesas de Nadal. A vindeira semana montaremos o noso pequeno mercado de intercambio de libros. 
Podedes colaborar xa durante esta semana doando algún libro para o intercambio. A partir do luns os que entreguen unha tableta de turrón de chocolate poderán levar calquera libro que lles guste da exposición. 


20 e 25 de novembro


A finais de novembro todo o centro estivo inmerso en diversas actividades para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller promovidas por varios departamentos, incluídos o EDLG e todo o equipo de Bibliobizocas. 
Aquí vos deixamos algunhas fotos e tamén tedes un vídeo do traballo feito por 4ºA no blog do EDLG.


Os departamentos de linguas decoraron os chanzos de todas as escaleiras do centro con datos, poemas, cancións...relacionadas con esta conmemoración. 


Ademais, todo o centro participou nun acto simbólico no que estoupamos globos blancos con palabras e sentimentos negativos, deixando as ideas positivas e de cambio escritas en globos laranxas, seguindo a iniciativa da ONU "Orange the World".



Samaín en BiblioBizocas

Como cada ano, o alumnado do club de lectura e moitos outros voluntarios ambientamos a biblioteca para o Samaín con cabazas, arañas e arañeiras, esqueletes e cunha selección de medo de libros e relatos

Ademais algúns membros do club de lectura fixeron unha lectura pública no recreo do día 31 na biblioteca. O relato escollido foi "O Corazón Delator"de Edgar Allan Poe.

Aquí deixamos unhas fotos para o recordo...