Mostrando entradas con la etiqueta Semana Cultural. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Semana Cultural. Mostrar todas las entradas

Letras Galegas 2018

Coma sempre por estas datas Bizocas celebra o día das nosas Letras cunhas xornadas culturais. Nesta ocasión adicamos todo a mañá do día 18 de maio a variadas actividades relacionadas coa nosa língua e cultura. Clicade nos títulos para acceder a máis información nos blogues dos departamentos organizadores.
- Unha carreira solidaria (Alma e Nico) en homenaxe a Mª Victoria Moreno e a beneficio do Refuxio de animais de Cambados.


- Un monólogo de Celso Sanmartín na Casa de Cultura de San Vicente, invitado polo EDLG.

- Unha charla sobre as Sete Nacións Celtas a cargo dos auxiliares de conversa do CEIP e do IES As Bizocas, Louis e Patricia.




- Exposición na biblioteca de libros escolares do franquismo, organizada polo departamento de Xeografía e Historia. 



Ademais, o alumnado do EDLG preparou un mural sobre a vida e obra de Mª Victoria Moreno, exposto para toda a comunidade educativa na entrada do centro.




Semana Cultural nas Bizocas

Coma todos os anos para conmemorar o Día das Letras Galegas, o Equipo de Dinamización Lingüística en colaboración con todos os departamentos do centro organiza a Semana Cultural, cunha serie de obradoiros, charlas e actividades nas que a lingua vehicular é o galego.

A biblioteca colaborou co Departamento de Música organizando unha charla do músico Antonio Prieto sobre instrumentos musicais de tradición galega. Aquí vos deixamos algunhas fotos da vosa participación:




Ademais, xunto co Departamento de Lingua Galega volvemos levar adiante o obradoiro de radio Son de Linguas. Este ano cos grupos de 1º e 2º ESO, que primeiro traballaron e redactaron as diferentes seccións do programa e logo, gravaron o material preparado. 
Aquí podedes escoitar un dos programas dun grupo de 1º. 
Bo traballo, rapaces!



Semana Cultural


Aquí vos deixamos un vídeo resumo 
da Semana Cultural no IES As Bizocas 
creado pola coordinadora do Equipo de Dinamización

Grazas a organizador@s, colaborador@s e participantes!!


Semana Cultural nas Bizocas

Na semana anterior ás letras galegas, o alumnado das Bizocas asistiu a variados obradoiros en galego organizados por diferentes departamentos e incentivados polo Equipo de Dinamización. 
Experimentos químicos, fabricación de papel reciclado, creación de maquillaxe e tatuaxes aborixes, sesións de investigación sobre os alimentos transxénicos, xogos e enigmas matemáticos, montaxe e gravación dun programa de radio, robótica, pulseiras, contacontos... 
Todo o traballo e fotos están expostos na entrada do centro e aquí vos deixamos un video resumo feito por Cecilia, coordinadora do EDNL. 

OBRADOIRO RADIO

Unha das actividades da Semana Cultural do noso centro foi o OBRADOIRO DE RADIO, incluido no proxecto SON DE LINGUAS coordinado polo Equipo de Dinamización Lingüística e no que a Biblioteca, e os departamentos de Galego e Música colaboramos directamente.

Aquí podedes escoitar todos os programas redactados e radiados polo alumnado de cada curso. Máis abaixo tedes as fotos feitas durante a gravación. 



(Se non o podedes ver ou escoitar, aquí tedes o enlace aos arquivos en soundcloud)


Semana Cultural


Nesta semana do 13 ao 16 o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza varias conferencias-coloquio para todo o alumnado do centro.
O/As conferenciantes son da vila e algúns deles ex-alumnos que veñen a falarnos da súas traxectorias profesionais e éxitos acadados. 

"Vivencias e filosofía de Culler de PauJavier Olleros

"Lendas e supersticións do Grove" Fran Meis

"25 anos de ecoloxismo no Grove"

"Arte nas aulas" Carlos Besada

"Traxectorias vitais e profesionais de ex-alumn@s"
Ana Mascato, Iria Parada, Anxo Rodríguez