Semana Cultural nas Bizocas

Coma todos os anos para conmemorar o Día das Letras Galegas, o Equipo de Dinamización Lingüística en colaboración con todos os departamentos do centro organiza a Semana Cultural, cunha serie de obradoiros, charlas e actividades nas que a lingua vehicular é o galego.

A biblioteca colaborou co Departamento de Música organizando unha charla do músico Antonio Prieto sobre instrumentos musicais de tradición galega. Aquí vos deixamos algunhas fotos da vosa participación:




Ademais, xunto co Departamento de Lingua Galega volvemos levar adiante o obradoiro de radio Son de Linguas. Este ano cos grupos de 1º e 2º ESO, que primeiro traballaron e redactaron as diferentes seccións do programa e logo, gravaron o material preparado. 
Aquí podedes escoitar un dos programas dun grupo de 1º. 
Bo traballo, rapaces!



No hay comentarios:

Publicar un comentario