Día do Libro 2015

Coma noutros anos, no recreo do Día do Libro a Biblioteca Bizocas encheuse de alumnado e profesorado. 
Neste curso tivo lugar unha exposición organizada polo departamento de Educación Plástica e Visual, na que o alumnado de 3ºESO expuxo os seus traballos que misturaban a linguaxe visual e a escrita. Leron textos de diversa índole, literarios, extraídos do cine ou da música, creados por eles, etc. Aquí vos deixamos unha pequena mostra...




Ao final do recreo o profesorado recibiu un libro agasallo dun amig@ invisible e un marcapáxinas creado polo club de lectura para este día.





No hay comentarios:

Publicar un comentario