O vindeiro martes día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz e a biblioteca Bizocas convoca un concurso baseado en citas e frases célebres sobre a paz dos principais líderes mundiais.
Para participar, o único que tedes que facer é:
1. Escoller unha cita ou frase célebre sobre a paz e escribila entre comiñas nun folio DIN-A4 apaisado co voso persoal estilo graffiti. Pode estar escrita en castelán, galego, francés ou inglés pero debe ser lexible.
2. Indica o nome do/a autor/a xusto debaixo da cita. Pode ser unha frase dun líder da paz mundial ou extraída dalgunha canción: Malala, Gandhi, Rigoberta Menchú, Mandela, John Lennon…
3. Na parte de atrás do folio escribe o teu nome, apelidos e curso. Podes entregalo na biblioteca ou en conserxería ata o luns 29 no primeiro recreo.
O martes 30 todas as creacións estarán expostas na entrada da biblioteca e no segundo recreo entregaremos o premio aos mellores en dúas categorías: 1º-2º e 3º-4º.
Anímate e amosa o teu talento!
No hay comentarios:
Publicar un comentario