O día 30 de xaneiro leváronse a cabo no noso centro pequenos actos co fin de conmemorar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia.
En primeiro lugar, representantes de cada sector da nosa comunidade educativa lemos un manifesto pola paz no recreo. Acto organizado por Pilar, profesora de Educación Física e membro do equipo de biblioteca, e enmarcado no proxecto Educación en Valores e Cidadanía Global.
A continuación, entregáronse os agasallos ao alumnado participante no concurso de Graffiti pola Paz, que escolleron citas de Martin Luther King, Nelson Mandela, etc.
Ademais, baixo a coordinación doutra profe do equipo de biblioteca, Menchu, pero esta vez a través da materia Valores Éticos en 3º ESO, o alumnado deste nivel repartiu abrazos a toda a comunidade Bizocas para promover actitudes pacíficas e tamén olvidar por un momento os nosos problemas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario