O pasado 11 de abril tivemos ocasión de coñecer e conversar con Eva Mejuto, autora do libro "22 segundos" que tivo tan boa acollida entre o alumnado de 3º ESO e o club de lectura.
Falounos de todo o proceso creativo: como xurdiu a idea, xente que coñeceu para informarse do tema, persoas que tiveron gran influencia na creación dos personaxes, decisións que tomou sobre o formato, etc.
Mágoa que só puidemos compartir unha hora con ela. Esperamos que nos volva visitar, quizais coa súa nova obra "Memoria do Silencio", da que tamén nos fixo unha pequena presentación. Por certo, xa está dispoñible na biblioteca!
No hay comentarios:
Publicar un comentario