Mostrando entradas con la etiqueta mercado solidario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mercado solidario. Mostrar todas las entradas

Grazas!

Grazas a todo o alumnado e profesorado que participaron no intercambio solidario, ben donando libros, alimentos ou ambos. Os produtos recollidos foron entregados á Fundación Amigos de Galicia para seren repartidos a familias d'O Grove e a contorna. 
Grazas tamén ao alumnado do Club de Lectura Mareira que estivo ao frente do mercado durante os recreos.
  

Recollida solidaria


Velaquí o resultado do noso intercambio de libros solidario: case 70 unidades de tabletas de turrón de chocolate e outros cantos libros recollidos que cambiaron de dono.  
Grazas a todos os participantes na actividade e tamén ao alumnado do club de lectura que colaborou desinteresadamente cada recreo no mercado. 



Mercado de Nadal

Un ano máis volvemos colaborar coa Fundación Amigos de Galicia para recoller alimentos para as sobremesas de Nadal. A vindeira semana montaremos o noso pequeno mercado de intercambio de libros. 
Podedes colaborar xa durante esta semana doando algún libro para o intercambio. A partir do luns os que entreguen unha tableta de turrón de chocolate poderán levar calquera libro que lles guste da exposición. 


MOITAS GRAZAS!!

O 21 de decembro pasaron polo centro os da Fundación Amigos de Galicia a recoller os produtos de Nadal do mercado de libros. Recolléronse máis de 70 produtos para repartir nestas festas entre as familias de O Grove ás que atende a FAG. 

Moitísimas grazas a tod@s @s que colaborástedes 
ben cun libro ou con algún alimento. 




E lembrade que a fundación ten outras campañas en marcha coas que podedes colaborar, como a da recollida de tapóns, tamén a través do noso centro. Botádelle un ollo á súa páxina ou no facebook para ver de que outras maneiras podedes botar unha man. 

Troco de libros solidario

BiblioBizocas volve organizar un pequeno mercado solidario antes das vacacións de Nadal que combina o intercambio de libros de segunda man e a doazón de alimentos para familias necesitadas do concello.


Colaboraremos desta vez coa Fundación Amigos de GaliciaEntra na súa web clicando na imaxe para ver todas as súas campañas.