Mostrando entradas con la etiqueta violencia de xénero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta violencia de xénero. Mostrar todas las entradas

Letras pola Igualdade

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega convoca un concurso de relatos para reivindicar a igualdade e denunciar calquera tipo de violencia contra as mulleres. Aquí vos deixamos as bases do concurso. 
Animádevos a participar!

20 e 25 de novembro


A finais de novembro todo o centro estivo inmerso en diversas actividades para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller promovidas por varios departamentos, incluídos o EDLG e todo o equipo de Bibliobizocas. 
Aquí vos deixamos algunhas fotos e tamén tedes un vídeo do traballo feito por 4ºA no blog do EDLG.


Os departamentos de linguas decoraron os chanzos de todas as escaleiras do centro con datos, poemas, cancións...relacionadas con esta conmemoración. 


Ademais, todo o centro participou nun acto simbólico no que estoupamos globos blancos con palabras e sentimentos negativos, deixando as ideas positivas e de cambio escritas en globos laranxas, seguindo a iniciativa da ONU "Orange the World".



A Última Bágoa

Ese é o título do microrrelato gañador nesta edición do concurso para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. 

Nesta ocasión o premio para o alumnado de 1º e 2º ESO ficou deserto, pois non houbo participantes. 

En cambio, houbo varios relatos finalistas entre 3º e 4º. De todos eles, o microrrelato con máis puntuación foi o de Ainoa Rodríguez de 4ºB. Parabéns!!





Boletín 25N


II CONCURSO MICRORRELATOS

A biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización de Lingua Galega convoca unha segunda edición do concurso de microrrelatos para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller o próximo 25 de novembro. 
A idea é que a través destas mini historias se promovan valores de respecto e igualdade entre homes e mulleres, rexeitando calquera tipo de agresión. 
A data límite de entrega é o 20 de novembro e a entrega de premios será no recreo do venres 24 na biblioteca.
Aquí vos deixamos as bases e máis abaixo algúns consellos que tamén podedes atopar na biblioteca e colgados polos corredores.




Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Temos o pracer de presentarvos en primicia a curta elaborada polo Equipo de Dinamización do centro e protagonizada por parte do noso alumnado, profesorado e persoal non docente. Esperamos que vos guste e tamén que vos faga pensar no voso camiño a seguir.


Ademais, espallados polo centro atoparedes textos e imaxes relacionados coa violencia machista... 
Sensibilízate e
participa no concurso:  
- ben creando un texto (narración, poesía, teatro...) para algunha das imaxes,
- ou ben, creando unha imaxe (ilustración, fotografía...) para algún dos textos.       

Aquí vos deixamos os textos e máis abaixo as imaxes.






E por suposto, tedes tamén outras lecturas relacionadas á vosa disposición no expositor da entrada da biblioteca. Estas son algunhas delas: