Mostrando entradas con la etiqueta vídeos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vídeos. Mostrar todas las entradas

GALEMATÍZATE

O Departamento de Matemáticas do IES As Bizocas en colaboración co EDLG convoca a segunda edición do concurso GALEMATÍZATE : curtametraxes sobre as matemáticas na vida cotiá en galego. 
⇩ Aquí vos deixamos as bases do concurso. ⇩
Animádevos a participar!👏


20 e 25 de novembro


A finais de novembro todo o centro estivo inmerso en diversas actividades para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller promovidas por varios departamentos, incluídos o EDLG e todo o equipo de Bibliobizocas. 
Aquí vos deixamos algunhas fotos e tamén tedes un vídeo do traballo feito por 4ºA no blog do EDLG.


Os departamentos de linguas decoraron os chanzos de todas as escaleiras do centro con datos, poemas, cancións...relacionadas con esta conmemoración. 


Ademais, todo o centro participou nun acto simbólico no que estoupamos globos blancos con palabras e sentimentos negativos, deixando as ideas positivas e de cambio escritas en globos laranxas, seguindo a iniciativa da ONU "Orange the World".



Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Temos o pracer de presentarvos en primicia a curta elaborada polo Equipo de Dinamización do centro e protagonizada por parte do noso alumnado, profesorado e persoal non docente. Esperamos que vos guste e tamén que vos faga pensar no voso camiño a seguir.


Ademais, espallados polo centro atoparedes textos e imaxes relacionados coa violencia machista... 
Sensibilízate e
participa no concurso:  
- ben creando un texto (narración, poesía, teatro...) para algunha das imaxes,
- ou ben, creando unha imaxe (ilustración, fotografía...) para algún dos textos.       

Aquí vos deixamos os textos e máis abaixo as imaxes.






E por suposto, tedes tamén outras lecturas relacionadas á vosa disposición no expositor da entrada da biblioteca. Estas son algunhas delas: