Mostrando entradas con la etiqueta compartindo lecturas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta compartindo lecturas. Mostrar todas las entradas
Feliz día do libro
Etiquetas:
compartindo lecturas,
Día do Libro,
recomendacións,
vídeos
Rede de Bibliotecas do Grove no confinamento
Non vos perdades as actividades, lecturas, recomendacións da vosa biblioteca municipal nas redes sociais:
@rededebibliotecasdogrove
Relatos de Samaín
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Biblioteca e Club de Lectura vimos de organizar sesións de lecturas de medo ou misterio durante os recreos da semana do Samaín.
O Club de Lectura reuniuse unha tarde para poñer a biblioteca a punto con candeas, cabazas, arañeiras, morcegos... e nos recreos alumnado e profesorado acompañaron os usuarios da biblioteca con historias coma:
"O lobo da xente" de Vicente Risco, "Sobre a morte do Bieito" de Rafael Dieste , "O pozo do inferno" de Heraclio Pérez Placer ou "A casa do medo" de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, entre outras.
Etiquetas:
Club de Lectura,
compartindo lecturas,
letras galegas,
relato curto,
Samaín
Día do Libro. Compartindo lecturas.
O Club de Lectura Mareira voltou ao veciño CEIP As Bizocas para compartir lecturas polo Día do Libro.
Falamos, compartimos preferencias e lemos xuntos un anaco desde infantil ata 6º. Con cada grupo, o alumnado do club tivo unha experiencia lectora diferente, percatándose das diferentes capacidades de atención, a importancia das imaxes e a tonalidade, etc.
E coma sempre, resultou unha actividade moi enriquecedora e inesquecible para todo o alumnado, maiores e pequenos.
Moitas grazas aos membros do club e ao profesorado do CEIP sempre dispostos a recibirnos!
Día do Libro II
O xoves seguinte ao Día do Libro quixemos compartir lecturas tamén cos nosos pequenos veciños do CEIP As Bizocas, e con este xa van catro anos!
Desde o alumnado de infantil ata os maiores estiveron por todo o cole compartindo lecturas en pequenos grupos co alumnado do noso club de lectura e os voluntarios de 4º.
Rematamos a xornada xogando tod@s no patio e facendo unhas fotos para o recordo no noso photocall de lectores.
Moitas grazas á biblioteca e profes do CEIP pola súa colaboración e perfecta organización!
Etiquetas:
celebracións,
Club de Lectura,
compartindo lecturas,
conmemoracións,
Día do Libro
Día do Libro
Para celebrar o Día Internacional do Libro a biblioteca Bizocas e o club de lectura puxemos a gran parte do alumnado e profesorado a compartir lecturas.
Por unha banda, organizamos un "amigo invisible" entre o profesorado como vén sendo tradición xa no noso centro. No recreo do 23 de abril cada un recibiu o seu libro-agasallo.
Xusto despois o Club de Lectura xunto cun grupo de voluntariado de 4º ESO dirixímonos ao CEIP Valle-Inclán para compartir máis dunha hora de lecturas e experiencias co alumnado de 6º de primaria.
Presentámonos na súa biblioteca e sorteamos as parellas de lectores e lectoras, que podían escoller o seu recuncho favorito do patio para conversar e compartir os seus libros preferidos. Logo, xa se foron facendo pequenos grupos e rematamos a xornada tirando unhas fotos nun divertido photocall de disfraces.
Pasámolo tan ben que sen dúbida esperamos volver repetir para o 2019! E como proba disto, podedes ver as fotos nun vídeo ao clicar na seguinte imaxe...
Presentámonos na súa biblioteca e sorteamos as parellas de lectores e lectoras, que podían escoller o seu recuncho favorito do patio para conversar e compartir os seus libros preferidos. Logo, xa se foron facendo pequenos grupos e rematamos a xornada tirando unhas fotos nun divertido photocall de disfraces.
Pasámolo tan ben que sen dúbida esperamos volver repetir para o 2019! E como proba disto, podedes ver as fotos nun vídeo ao clicar na seguinte imaxe...
Visita de Ledicia Costas
O luns 12 de marzo celebramos un encontro especial na biblioteca Bizocas: a escritora viguesa Ledicia Costas veu a charlar co alumnado de 2º e 3º ESO que veñen de ler as súas obras, Unha Estrela no Vento e O Corazón de Xúpiter, respectivamente.
Non gozamos de todo o tempo que nos gustaría pero foi suficiente para comentar os seus libros, a súa labor como escritora, os seus premios e recoñecementos, anécdotas e temas de actualidade...
Algúns membros do club de lectura encargáronse de darlle presentación e de despedila como se merece. Ademais tiveron a sorte de compartir con ela os seus gustos e recibir recomendacións de lectura que de seguro imos seguir.
Moitísimas grazas, Ledicia!
Etiquetas:
Club de Lectura,
compartindo lecturas,
conferencias,
recomendacións,
visitas
Compartindo Lecturas
Aquí vos deixamos algunhas fotos das actividades para celebrar o día do libro.
Ademais de compartir lecturas favoritas tamén comentamos os nosos hábitos a través dun test lector e co marcapáxinas dos dereitos do lector.
E para conmemorar o IV Centenario da morte de Cervantes puidemos ler un dos capítulos máis famosos do Quixote, a loita contra os muíños de vento.
20 abril. Titorías Entre Iguais. 1º+3º ESO.
21 abril. CEIP As Bizocas. Club de Lectura + 4º ESO.
22 abril. CEIP Valle-Inclán. Club de lectura + 2ºESO.
Esperamos que vos gustase e seguro que
o vindeiro ano repetimos!
Semana do Libro en Bizocas
A biblioteca e o club de lectura do centro, en colaboración co departamento de Orientación e cos CEIP Bizocas e Valle-Inclán, organizamos diversas actividades para a vindeira semana co motivo da celebración do Día Mundial do Libro, o 23 de abril.
Esperamos que vos gusten as lecturas compartidas!!
(Podedes ler o folleto en pantalla completa premendo doble clic sobre a imaxe.)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








