Meteobizocas na biblio

Todos os venres podedes asistir na biblioteca á previsión meteorolóxica para a fin de semana e ver algunhas das vosas fotos do instagram máis representativas da xornada.

Anímadevos a presenciar o parte ou a participar como presentadores...só tedes que anotarvos na lista á entrada da biblioteca.
   

Recollida solidaria


Velaquí o resultado do noso intercambio de libros solidario: case 70 unidades de tabletas de turrón de chocolate e outros cantos libros recollidos que cambiaron de dono.  
Grazas a todos os participantes na actividade e tamén ao alumnado do club de lectura que colaborou desinteresadamente cada recreo no mercado. 



Mercado de Nadal

Un ano máis volvemos colaborar coa Fundación Amigos de Galicia para recoller alimentos para as sobremesas de Nadal. A vindeira semana montaremos o noso pequeno mercado de intercambio de libros. 
Podedes colaborar xa durante esta semana doando algún libro para o intercambio. A partir do luns os que entreguen unha tableta de turrón de chocolate poderán levar calquera libro que lles guste da exposición. 


20 e 25 de novembro


A finais de novembro todo o centro estivo inmerso en diversas actividades para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller promovidas por varios departamentos, incluídos o EDLG e todo o equipo de Bibliobizocas. 
Aquí vos deixamos algunhas fotos e tamén tedes un vídeo do traballo feito por 4ºA no blog do EDLG.


Os departamentos de linguas decoraron os chanzos de todas as escaleiras do centro con datos, poemas, cancións...relacionadas con esta conmemoración. 


Ademais, todo o centro participou nun acto simbólico no que estoupamos globos blancos con palabras e sentimentos negativos, deixando as ideas positivas e de cambio escritas en globos laranxas, seguindo a iniciativa da ONU "Orange the World".



Samaín en BiblioBizocas

Como cada ano, o alumnado do club de lectura e moitos outros voluntarios ambientamos a biblioteca para o Samaín con cabazas, arañas e arañeiras, esqueletes e cunha selección de medo de libros e relatos

Ademais algúns membros do club de lectura fixeron unha lectura pública no recreo do día 31 na biblioteca. O relato escollido foi "O Corazón Delator"de Edgar Allan Poe.

Aquí deixamos unhas fotos para o recordo...


Concursos do Samaín

O EDLG vén de convocar un novo concurso para celebrar o Samaín en dúas modalidades.
Para 1º e 2º ESO un concurso de investigación e para 3º e 4º ESO un concurso de relato curto baseado nas nosas tradicións. 
Tedes ata o 5 de novembro para entregalos e 
os premios repartiránse o día do Magosto no centro. 
Compartimos aquí as bases e animádevos a participar!!